De conformidade co disposto no artigo 59.4º de Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro
de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976 do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21 de maio), por non ser posible a súa notificación.
Noméase intructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.
Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples Monelos e para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, estimen convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples Monelos A Coruña.
O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).
A Coruña, 26 de abril de 1999.
Rogelio del Valle Muñoz-Cobo
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Expediente: O99SA/99.
Denunciado: Soto Mesego, Raimundo.
DNI: 35.432.795.
Último enderezo coñecido: Arcos de Furcos, Cuntis-Pontevedra.
Feitos denunciados: transportar un animal bovino, procedente do mercado de Amio, con destino ó seu domicilio, carecendo do certificado de inscrición do vehículo para transportar animais vinvos no Serv. de Sanidade Animal e V. desta consellería.
Tipificación da infracción regulamento de epizootias: 5º.2 da Orde 4-4-1997 Art. 52.4º do Regulamento de epizootias en relación co 224 do mesmo regulamento.
Sanción: 15.000 ptas.

