De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, o acordo de inicio de expediente sancionador contra ela instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do R.D. 1945/83, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte á publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 24.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora), dispón dun prazo de 10 días para presentar alegacións. No caso de non presentalas e de acordo co artigo 13.2º do devandito R.D. 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución e proporase unha sanción de cincuenta mil ptas.
Expediente: Secretaría 8/1999.
Denunciado: José Manuel Rozamontes Deus.
DNI: 32.764.487.
Último enderezo coñecido: avda. Gran Canaria, 12. A Coruña.
Cualificación da infracción: leve.
Proposta da sanción: 75.000 ptas.
A Coruña, 16 de abril de 1999.
Diego Bernal Llorente
Delegado Provincial da Coruña

