Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Luns, 24 de maio de 1999 Páx. 6.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia o concurso público aberto, con trámite de urxencia, para a contratación da subministración do material informático para a actualización da infraestructura informática do Servicio Público de Emprego de Galicia.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes resolve anuncia-lo concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

c) Número de expediente: 24/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración do material informático para a actualización da infraestructura informática do Servicio Público de Emprego de Galicia.

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: 20 días hábiles.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 22.200.000 ptas.

Lote 1: 16.700.000 ptas.

Lote 2: 5.500.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional. non se esixe.

Definitiva: sí. Importe: lote 1, 668.000 ptas. (4% importe de licitación). Lote 2, 220.000 ptas. (4% importe de licitación).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro xeral da consellería.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: Información índole administrativa: 981 54 46 80-54 46 52. Información índole técnica: 981 54 56 51.

e) Telefax: 981 54 56 26.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata remata-lo prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de estaren inscritos no Rexistro de Contratistas xuntarase grampado no exterior do sobre «A» o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2ª Domicilio: San Caetano.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

(Ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio.

Este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1999.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude