En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1996, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, dispoño a publicación da adxudicación do seguinte contrato de subministración:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Parlamento de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.
c) Número de expediente: 18/98.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: de subministración.
b) Descrición do obxecto: concurso para a contratación da subministración de material informático e audiovisual para as unidades administrativas do Parlamento de Galicia correspondente ó ano 1999.
c) Lotes: dous (lote nº 1-material informático e lote nº 2-material audiovisual).
d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 16, do 26 de xaneiro de 1999.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: oito millóns trescentas cincuenta mil pesetas (8.350.000 ptas.), IVE incluído.
Lote nº 1-material informático: 5.350.000 ptas.
Lote nº 2-material audiovisual: 3.000.000 de ptas.
5. Adxudicación.
a) Data: 6 e 20 de abril de 1999.
b) Contratista:
Lote nº 1-material informático: Profinsa.
Lote nº 2-material audiovisual: Spica, S.L.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe da adxudicación: seis millóns novecentas oitenta e nove mil sesenta e nove pesetas (6.989.069 ptas.), IVE incluído.
Lote nº 1-material informático: 4.129.298 ptas.
Lote nº 2-material audiovisual: 2.859.771 ptas.
Santiago de Compostela, 26 de abril de 1999.
José María García Leira
Presidente do Parlamento de Galicia

