En cumprimento do disposto nos artigos 204 e 208 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, publicado no BOP nº 70, do 21 de marzo de 1996, publícase o seguinte anuncio de licitación para a contratación, mediante concurso, polo procedemento aberto, dos servicios de gravación, arquivo e difusión dos actos parlamentarios e protocolarios realizados no Parlamento de Galicia, así como o mantemento das instalacións de audio, gravación e circuíto pechado de televisión situadas nas súas dependencias.
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Parlamento de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.
c) Número de expediente: 5/1999.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: contratación, mediante concurso, polo procedemento aberto, dos servicios de gravación, arquivo e difusión dos actos parlamentarios e protocolarios realizados no Parlamento de Galicia, así como o mantemento das instalacións de audio, gravación e circuíto pechado de televisión situadas nas súas dependencias.
b) División por lotes e número: único.
c) Lugar de execución: Parlamento de Galicia.
d) Prazo de duración: catro anos, admitíndose a súa prórroga anual por mutuo acordo das partes. Neste caso a duración non excederá dun total de seis anos.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: 5.800.000 ptas., IVE incluído (34.858,70 euros).
5. Garantías:
Provisional: 2%: 108.000 ptas. (649,10 euros).
Definitiva: 4% do orzamento do contrato.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Parlamento de Galicia (BOPG nº 273, do 8 de abril de 1999).
b) Domicilio: r/ Hórreo, 63.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.
d) Teléfono: 981 56 16 00.
e) Telefax: 981 57 10 41.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata tres días antes da data de presentación.
7. Requisitos específicos do contratista:
Poderán presentarse a este concurso e formula-las conseguintes proposicións, con suxeición ás cláusulas deste prego e ó de condicións técnicas, as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que, tendo plena capacidade de obrar, non estean comprendidas nalgunha das circunstancias enumeradas no artigo 20 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e tamén no artigo 23 cando se trate de empresas estranxeiras.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: ós 26 días naturais seguintes ó da publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio de licitación.
b) Documentación que hai que presentar: a citada nos pregos de cláusulas administrativas particulares (BOPG nº 273, do 8 de abril de 1999).
c) Lugar de presentación: Rexistro do Parlamento de Galicia.
1ª Entidade: Parlamento de Galicia.
2ª Domicilio: r/ Hórreo, 63.
3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): un mes.
e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten.
9. Apertura das ofertas:
a) Entidade: Parlamento de Galicia.
b) Domicilio: r/ Hórreo, 63.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: os cinco días hábiles seguintes ó do remate de presentación de proposicións.
e) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: no BOPG nº 273, do 8 de abril de 1999, e nos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas depositados no rexistro xeral do Parlamento.
11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 4 de maio de 1999.
José María García Leira
Presidente do Parlamento de Galicia

