Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Luns, 24 de maio de 1999 Páx. 6.234

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 29 de abril de 1999, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle das NN.SS. de planeamento vixentes en Arteixo, contendo proposta para soar situado no lugar de Galán, parroquía de Oseiro-Arteixo, promovido por Fernando Pousada Fernández, en representación de Suelo y Casas, S.A., e redactado polo arquitecto José R. Miyar Caridad, que queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na

Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presentado as alegacións que consideren convenientes.(Expediente 11/1999.PED).

Arteixo, 10 de maio de 1999.

Manuel Pose Miñones

Alcalde