Aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Campo Lameiro.
O Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria do 15-3-1999, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de
planeamento, por modificación do trazado dunha vía, conforme o informe emitido pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
Contra este acordo, que é definitivo, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o TSXG, na Coruña, sen prexuízo de poder exercer calquera outro recurso que se coide procedente.
Campo Lameiro, 29 de marzo de 1999.
Julio Sayáns Bugallo
Alcalde

