Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Luns, 24 de maio de 1999 Páx. 6.235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUXÍA

ANUNCIO de poxa con procedemento aberto.

Obxecto: contratación mediante poxa con procedemento aberto da obra de pavimentación Guisamonde-Morquintián. Trámite de urxencia.

Tipo de licitación: 7.742.657 ptas.

Pregos tipo: serán os vixentes para a contratación mediante poxa con procedemento aberto das obras incluídas nos plans provinciais da Deputación Provincial da Coruña, publicados no BOP do 9-12-1996.

Fianzas. Provisional: 2% do prezo de licitación. Definitiva: 4% do prezo de licitación.

Presentación de proposicións: durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no BOP ou DOG (último deles). Efectuarase no rexistro do Concello de Muxía de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Apertura de proposicións: ás 13.30 horas do día hábil seguinte ó do final do prazo do apartado anterior.

Modelo de proposición e documentación: os recollidos nos artigos 12 a 14 dos pregos mencionados. (BOP do 9-12-1996).

Este anuncio será por conta do adxudicatario.

Muxía, abril de 1999.

A alcaldesa en funcións

Rubricado