O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 24 de marzo de 1999, tomou o seguinte acordo:
«Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle na parcela sita na rúa do Patín-Perillo (Oleiros).
Segundo.-Proceder á publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no BOP, así como a normativa neste último.
Terceiro.-Remitir á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda unha copia autenticada do expediente administrativo e dous exemplares do instrumento aprobado.
Cuarto.-Notifica-lo presente acordo ós interesados.
Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo diante do xulgado ou da sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó que reciba a notificación do presente acordo.
Nembargantes, de conformidade co artigo 108 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, contra os actos de aplicación e efectividade dos tributos locais e dos restantes ingresos de dereito público das entidades locais, poderá interpoñe-lo recurso de reposición previsto na Lei reguladora das facendas locais, segundo a redacción dada pola Lei 50/1998, do 30 de decembro.
Tamén poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, nos prazos establecidos no seu punto 2. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia á que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.
Oleiros, 8 de abril de 1999.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta

