O Concello Pleno en sesión celebrada o día vinte de abril do mil novecentos noventa e nove, aprobou o expediente de expropiación forzosa, por taxación conxunta dos terreos necesarios para a execución da primeira fase do proxecto denominado acondicionamento da urbanización Canide-Maianca-termo municipal de Oleiros.
De conformidade co artigo 145, nº 2 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, este expediente estará exposto ó público na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ás 13 horas, polo prazo dun mes, para efectos de presentación das observacións e reclamacións que se consideren oportunas.
Oleiros, 27 de abril de 1999.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta

