Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Luns, 24 de maio de 1999 Páx. 6.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o día 10 de maio de 1999, acordou amplia-la suspensión de licencias polo prazo dun ano máis, contado desde o día en que rematou o prazo da suspensión acordada con motivo da aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal, quedando a suspensión sen efecto cando se aprobe definitivamente o indicado plan e entre en vigor.

Contra este acordo de suspensión poderá interpoñerse recurso de reposición ante este concello, no prazo dun mes, polas persoas que se consideren interesadas.

Poi, 12 de maio de 1999.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde