Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Luns, 24 de maio de 1999 Páx. 6.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

De conformidade co artigo 326 da Lei 7/1995, da Administración local de Galicia, anúnciase o seguinte edicto de contratación por pública poxa da obra de construcción do mercado municipal (complementaria V fase final, terminación da instalación eléctrica).

Prezo de licitación: 12.319.439 pesetas.

As proposicións referidas á expresa licitación poderán presentarse nas oficinas deste concello no prazo de trece días naturais, en horario de 8 a 15 horas os días laborais e de 9 a 13 horas os sábados, a partir da publicación do correspondente edicto no BOP, podéndose examinar nelas o prego de condicións e demais condicións da referida poxa.

Tui, 6 de maio de 1999.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde