Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Luns, 24 de maio de 1999 Páx. 6.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle da U.E. Industrial II-03 Santo André de Comesaña. (Expediente 4034/411).

O Concello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 18 de marzo de 1999, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle -texto refundido- da U.E. Ind. II-03 Santo André de Comesaña, presentado pola comisión xestora da devandita U.E. coa data do 4 de marzo de 1999, redactado polo arquitecto J. Enrique López Santander e visado polo COAG coa data do 2 de marzo de 1999.

Procédese ó trámite de información pública do citado proxecto durante o período dun mes mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contados desde a derradeira publicación. A docu

mentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 30 de marzo de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo