Aprobados polo Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 19 de abril de 1999 os pregos de cláusulas administrativas particulares, que han de rexe-la contratación mediante tramitación urxente e por concurso aberto das obras dos proxectos de iluminación pública en Distriz e outros e pavimentación de accesos nos núcleos de poboación de Goiriz, Samarugo, Lanzós, Román e Sancobade, incluídos no PIEL 1999. Expóñense ó público por prazo de oito días na Secretaría deste Concello para os efectos previstos no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.
De conformidade co establecido no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúncianse simultaneamente cos pregos de cláusulas administrativas particulares, a contratación mediante tramitación urxente e por concurso aberto das obras dos proxectos iluminación pública en Distriz e outros e pavimentación de accesos nos núcleos de poboación de Goiriz, Samarugo, Lanzós, Román e Sancobade, incluídos no PIEL 1999, se ben, no suposto de que se formulasen reclamacións contra os pregos, a contratación adiarase ata que sexan resoltas pola propia Corporación.
Vilalba, 20 de maio de 1999.
O alcalde
Rubricado

