Por resolución da Alcaldía aprobouse o prego de condicións que rexerá o concurso para contratar, por procedemento aberto, tramitación urxente, a subministración de sinais. As unidades están fixadas no anexo I do prego de condicións.
De conformidade co disposto no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas anúnciase o concurso, se ben aprazarase cando resulte necesario, de se presentaren reclamacións.
1. Entidade adxudicadora: Concello de Xunqueira de Ambía, praza San Rosendo, 1 - 32670 Xunqueira de Ambía (Ourense). Teléfono: 988 43 60 40. Fax: 988 43 60 69.
Dependencia que tramita o expediente: Secretaría do Concello, onde poderá obter copia do prego de condicións.
2. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a subministración de sinais segundo o anexo I do prego de condicións.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 12.000.000 de ptas., IVE incluído.
5. Garantías:
a) Provisional: 2% do tipo ou base de licitación.
b) Definitiva: 4% do orzamento do contrato.
6. Presentación de ofertas: dentro dos 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, excepto sábados. Se o último día fose inhábil ou sábado o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.
7. Gastos de anuncios e tributos: por conta do adxudicatario.
O que se fai público para cumprir co establecido no artigo 326 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia.
Xunqueira de Ambía, 16 de abril de 1999.
O alcalde
Rubricado

