1. Obxecto.
O obxecto desta convocatoria é a cobertura de postos de traballo da Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía, mediante contratación laboral de acordo co disposto na Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuacións de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación.
2. Normas xerais.
2.1. Requisitos xerais.
Poderán ser admitidos na convocatoria os aspirantes que reúnan o último día de prazo de presentación de instancias, os seguintes requisitos: a) ter cumpridos os 18 anos de idade no momento de pecharse o prazo de solicitudes; b) posuír nacionalidade española ou se é o caso dispoñer da autorización adecuada para poder residir e traballar legalmente en España; c) posuír e acredita-la titulación académica (homologada polo Ministerio de Educación no caso de títulos expedidos por un país
que non sexa membro da Unión Europea) que segundo se fai constar no modelo de solicitude, habilita para o exercicio da profesión correspondente: d) non padecer enfermidade ou defecto físico que impida desempeña-las funcións correspondentes; e) non atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.
2.2. Requisitos por categorías.
Son os que figuran no punto 2.5 para cada unha das categorías que forman parte da convocatoria.
2.3. Formalización das solicitudes.
Unha vez publicado no Diario Oficial de Galicia, concédese un prazo de 20 días hábiles para que presente a súa solicitude en modelo anexo normalizado pola fundación, xunto coa documentación acreditativa dos méritos alegados. As solicitudes enviaranse unicamente ó apartado de correos 923 de Santiago de Compostela non sendo válida a remisión a calquera outro lugar.
Quen desexe tomar parte na convocatoria deberá presentar solicitude segundo o modelo de instancia adxunto, facilitado na sede da Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía ou directamente do DOG xuntando ademais:
-Fotocopia do DNI.
-Acreditación dos méritos necesarios (poderá facerse mediante a presentación do orixinal ou fotocopia compulsada).
-Acreditación dos servicios prestados (cada mes de servicios prestados deberá acreditarse cun certificado da empresa onde se especifique a categoría, duración e xornada).
Non se esixirán taxas de inscrición por dereitos de exame.
2.4. Órgano avaliador.
O órgano avaliador estará constituído por unha comisión de selección, que terá como entidade asesora a Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS).
A comisión de selección poderá solicita-los apoios técnicos que considere necesarios.
Ós membros da comisión seralles de aplicación a normativa da Xunta en materia de indemnizacións por razón de servicios.
Haberá en todo momento un teléfono para informar das dúbidas que poidan xurdir durante o prazo de presentación das solicitudes. Teléfono 981 54 00 46 (de 10 a 12 h.).
2.5. Categorías laborais da convocatoria.
convocadasGrupo Denominación Prazas
Requisitos
A Médico especialista en oftalmoloxía. Tipo I 1 Licenciado en medicina e cirurxía. Especilista en oftalmoloxía
convocadasGrupo Denominación Prazas
Requisitos
A Médico especilista en oftalmoloxía. Tipo II 1 Licenciado en medicina e ciruruxía. Especilista en oftalmoloxía
A Técnico superior en xestión 1 Licenciado en ciencias económicas e empresariais
B Asistente social 1 Diploma universitario de traballo social
B Graduado social 1 Diploma universitario de graduado social. Título de secretariado informático
3. Probas de selección.
Para as seguintes categorías:
Médico especialista.
Técnico superior de xestión.
Asistente social.
Graduado social.
Valoración.
Concurso de méritos: a comisión de selección valorará os méritos acreditados polos aspirantes de acordo co baremo establecido, tendo en conta as seguintes fases:
1ª fase:
A) Proba de selección (suposto clínico ou técnico) eliminatorio consistente en:
-Resolución de casos prácticos propostos polo tribunal e relacionados con funcións propias da categoría.
-Exposición oral de cuestións propostas polo tribunal e relacionadas coas materias que figuran nos anexos 6, 7, 8, 9 e 10 para cada unha das categorías correspondentes. (No caso das prazas de médico especialista de tipo I e II, a exposición oral referirase tanto a coñecementos conceptuais como á súa aplicación na realidade clínica e a práctica cirúrxica). O tribunal poderá solicita-las aclaracións que considere pertinentes sobre os contidos da exposición.
2ª fase:
A) Baremo de experiencia acreditada. Puntuación máxima 6 puntos.
B) Baremo de formación e méritos. Puntuación máxima 4 puntos.
Anexo 1 de formación: para as categorías de médico especialista. Tipo I.
Anexo 2 de formación: para as categorías de médico especialista. Tipo II.
Anexo 3 de formación: para as categorías de técnico superior de xestión.
Anexo 4 de formación: para as categorías de asistente social.
Anexo 5 de formación: para as categorías de graduado social.
C) Entrevista personal. Puntuación máxima 4 puntos.
Cualificación.
Os postos adxudicaranse por orde de puntuación dos aspirantes. En caso de empate na puntuación final decidirase a favor do aspirante con maior puntuación na experiencia práctica, dependendo en última instancia do resultado da entrevista persoal.
Baremo
A) Experiencia acreditada.
Entidade Meses/fracción Puntos Total
Oftalmoloxía (Ingo)
No Instituto Galego de
x0,2 No Servicio Galego de Saúde (Sergas) x0,1 Noutras fundacións de ámbito sanitario x0,05 Noutras entidades x0,025
Total experiencia acreditada (máximo 6 puntos)
B) Anexo 1
Formación e méritos
Nota media do título esixido (só se puntuará por un concepto):
Notable: 0,3.
Sobresaliente: 0,4.
Matrícula de honor: 0,5.
Examen de grao ou tese de licenciatura: 0,5.
Doutorado: 1.
Masters e cursos superiores relacionados con programas de cirurxía vítreo-retiniana.
-Masters e/ou cursos de máis de 300 horas: x1.
-Masteres e/ou cursos de máis de 150 horas: x0,5.
Outros cursos relacionados con programas de cirurxía vítreo-retiniana (máis de 20 h).
-Cursos: x0,25.
Publicacións, conferencias e cursos impartidos relacionados con programas de cirurxía vítreo-retiniana.
-Publicacións: x0,1.
-Cursos conferencias e comunicacións en reunións científicas: x0,05.
Galego (só un dos conceptos).
-Iniciación: x0,25.
-Perfeccionamento: x0,5.
Total formación (máximo 4 puntos):
Anexo 2
Formación e méritos
Nota media do título esixido (só se puntuará por un concepto):
Notable: 0,3.
Sobresaliente: 0,4.
Matrícula de honor: 0,5.
Examen de grao ou tese de licenciatura: 0,5.
Doutorado: 1.
Masters e cursos superiores relacionados con programas de cirurxía refractiva, bioultrasonografía, e/ou cirurxía de vítreo-retina.
-Masters e/ou cursos de máis de 300 horas: x1.
-Masters e/ou cursos de máis de 150 horas: x0,5.
Outros cursos relacionados con programas de cirurxía refractiva, bioultrasonografía, e/ou cirurxía de vítreo-retina (máis de 20 h).
-Cursos: x0,25.
Publicacións, conferencias e cursos impartidos relacionados con programas de cirurxía refractiva, bioultrasonografía, e/ou cirurxía de vítreo-retina.
-Publicacións: x0,1.
-Cursos conferencias e comunicacións en reunións científicas: x0,05.
Galego (só un dos conceptos).
-Iniciación: x0,25.
-Perfeccionamento: x0,5.
Total formación (máximo 4 puntos):
Anexo 3
Formación e méritos
Nota media do título esixido (só se puntuará por un concepto):
Notable: 0,3.
Sobresaliente: 0,4.
Matrícula de honor: 0,5.
Examen de grao ou tese de licenciatura: 0,5.
Doutorado: 1.
Masters e cursos superiores relacionados co posto de traballo.
-Masters e/ou cursos de máis de 300 horas: x1.
-Masters e/ou cursos de máis de 100 horas: x0,5.
Masters e cursos superiores non relacionados co posto de traballo (máis de 300 horas).
-Masters e/ou cursos de máis de 300 horas: x0,4.
Outros cursos relacionados co posto de traballo (máis de 20 h).
-Cursos: x0,25.
Outros cursos non relacionados co posto de traballo (máis de 20 horas).
-Cursos: x0,15.
Galego (só un dos conceptos).
-Iniciación: x0,25.
-Perfeccionamento: x0,5.
Informática. Cursos relacionados co posto de traballo.
-Cursos: x0,75.
Idiomas con título recoñecido.
-Grao medio: x0,5.
-Grao superior: x1.
Publicacións, conferencias e relatorios: x0,1.
Total formación (máximo 4 puntos):
Anexo 4
Formación e méritos
Nota media do título esixido (só se puntuará por un concepto):
Notable: 0,3.
Sobresaliente: 0,4.
Matrícula de honor: 0,5.
Examen de grao ou tese de licenciatura: 0,5.
Doutorado: 1.
Masters e cursos superiores relacionados co posto de traballo de 100 horas.
-Cursos: x1.
Masters e cursos superiores non relacionados co posto de traballo (menos de 100 horas).
-Cursos: x0,75.
Outros cursos relacionados co posto de traballo.
-Cursos: x0,5.
Galego (só un dos conceptos).
-Iniciación: x0,25.
-Perfeccionamento: x0,5.
Informática.
-Cursos: x0,75.
Idiomas con título recoñecido.
-Grao medio: x0,5.
-Grao superior: x1.
Publicacións, conferencias e relatorios: x0,1.
Total formación (máximo 4 puntos):
Anexo 5
Formación e méritos
Nota media do título esixido (só se puntuará por un concepto):
Notable: 0,3.
Sobresaliente: 0,4.
Matrícula de honor: 0,5.
Examen de grao ou tese de licenciatura: 0,5.
Doutorado: 1.
Masters e cursos superiores relacionados co posto de traballo.
-Masters e/ou cursos de máis de 150 horas: x1.
-Masteres e/ou cursos de máis de 100 horas: x0,5.
Outros cursos relacionados co posto de traballo.
-Cursos: x0,2.
Outros cursos non relacionados co posto de traballo.
-Cursos: x0,1.
Galego (só un dos conceptos).
-Iniciación: x0,25.
-Perfeccionamento: x0,5.
Informática. Cursos relacionados co posto de traballo.
-Cursos: x0,75.
Traballos realizados en materia de administración de funciacións: 0,5.
Total formación (máximo 4 puntos):
Anexo 6
Médico especialista en oftalmoloxía tipo I
Os exames versarán sobre coñecementos conceptuais e operativos dos grupos de coñecementos que se relacionan a continuación, así como a súa aplicación na realidade práctica.
I. Exploración oftalmolóxica. Test e técnicas diagnósticas.
II. Patoloxía vítreo-retiniana. Características xerais. Clasificación.
III. Traumatismos oculares non perforantes. Contusión ocular.
IV. Traumatismos oculares perforantes. Clínica e tratamento. Corpos estraños intraoculares.
V. Desprendemento da retina. Etiopatoxenia e clínica.
VI. Tratamento do desprendemento da retina.
VII. Repercusión da afaquia e da pseudofaquia na patoloxía vitreorretiniana.
VIII. Vitreorretinopatía proliferante. Patobioloxía. Clínica.
IX. Tratamento da vitreorretinopatía proliferante. Vitrectomía.
X. Retinopatía diabética. Tratamento cirúrxico.
XI. Principios xerais da cirurxía vitreorretiniana.
Anexo 7
Medico especialesta en oftalmoloxía tipo II
Os exames versarán sobre coñecementos conceptuais e operativos dos grupos de coñecementos que se relacionan a continuación, así como a súa aplicación na realidade práctica.
I. Exploración oftalmolóxica. Test e técnicas diagnósticas.
II. Cirurxía refractiva. Principios xerais.
III. Fotoqueratectomía refractiva e terapeútica.
IV. Queratomileusis in situ (Lasik).
V. Cirurxía da miopía magna.
VI. Ultrasonografía ocular. Principios básicos.
VII. Ecografía ocular. Principios e indicacións.
VIII. Biomicroscopía ultrasónica. Principios e indicacións.
IX. Valoración ultrasonográfica dos tumores oculares.
X. Valoración ultrasonográfica da patoloxía vitreorretiniana.
XI. Análise da topografía corneal. Videoqueratoscopia.
Anexo 8
Técnico superior en xestión
Os exames versarán sobre coñecementos conceptuais e operativos dos grupos de coñecementos que se relacionan a continuación, así como a súa aplicación na realidade práctica.
I. Lexislación I.-Normativa das fundacións.
II. Lexislación II.- A Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía: normativa de aplicación.
III. O Plan Xeral de Contabilidade (I). Fins, obxectivos, ámbito de aplicación.
IV. O Plan Xeral de Contabilidade (II). Principios contables. Análise do cadro de contas. Definicións e relacións contables. Contas anuais.
V. Características do plan xeral adaptado a fundacións.
VI. Auditoría. Concepto, fins e características xerais.
VII. Sistema de auditoría das fundacións públicas.
VIII. A universalización do dereito á asistencia sanitaria. Dereitos e obrigas dos usuarios do sistema sanitario público.
Anexo 9
Asistente social
Os exames versarán sobre coñecementos conceptuais e operativos dos grupos de coñecementos que se relacionan a continuación, así como a súa aplicación na realidade práctica.
I. Lexislación. A Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía: normativa de aplicación. As fundacións: normativa.
II. Conceptualización dos diferentes procesos oftalmolóxicos (cirurxía de cataratas, cirurxía de miopía, transplantes, cirurxía vítreo-retiniana).
III. Clasificación e arquivo de historias e outros documentos.
IV. Habilidades de comunicación.
V. A universalización do dereito á asistencia sanitaria. Dereitos e obrigas dos usuarios do sistema sanitario público.
Anexo 10
Graduado social
Os exames versarán sobre coñecementos conceptuais e operativos dos grupos de coñecementos que se relacionan a continuación, así como a súa aplicación na realidade práctica.
I. Lexislación. A Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía: normativa de aplicación. As fundacións: normativa.
II. Clasificación e arquivo de documentos. Ideas xerais sobre o sistema de clasificación. Arquivo de documentos. Natureza, clases e funcionamento de arquivos.
III. Contrato de traballo. Elementos esenciais do contrato e clases. Estabilidade no emprego. Infraccións e relacións laborais especiais. Contratos non laborais. Suspensión do contrato. Modificación e extinción. O despedimento. Representación dos traballadores e conflictos colectivos.
IV. Retribución. O xornal, confección de nóminas, retencións. Convenios colectivos e interpretación dos convenios.
V. Seguridade Social (I). Sistema de Seguridade Social. Inscrición e afiliación. Cotización. Recadación. Asistencia sanitaria, xubilación, invalidez e morte. Desemprego. Réximes especiais. Inspección da Seguridade Social.
VI. A universalización do dereito á asistencia sanitaria. Dereitos e obrigas dos usuarios do sistema sanitario público.
Instrucións para o/a interesado/a.
Por favor, lea estas instruccións antes de cubri-las follas correspondentes á solicitude de admisión e follas de baremo.
* Instruccións xerais.
1. Escriba só á máquina ou con bolígrafo sobre superficie dura, empregando maiúsculas de tipo imprenta.
2. Asegúrese de que os datos resultan claramente lexibles en tódolos exemplares.
3. Evite dobra-lo papel e realizar correccións, emendas ou riscaduras.
4. Non escriba nos espacios sombreados ou reservados.
5. Non esqueza asina-los impresos de solicitude e de baremo.
6. Non esqueza xunta-la fotocopia do seu DNI.
7. Non esqueza envia-la documentación xustificativa dos méritos referidos na folla de baremo (orixinais ou fotocopias compulsadas).
* Instruccións particulares.
I. Solicitude de admisión.
Grupo: sinale a letra do grupo correspondente segundo a táboa 1 anexa.
Denominación: sinale a denominación correspondente segundo a taboa 1 anexa.
convocadasGrupo Denominación Prazas
Requisitos
A Médico especialista en oftalmoloxía. Tipo I 1 Licenciado en medicina e cirurxía. Especilista en oftalmoloxía
A Médico especilista en oftalmoloxía. Tipo II 1 Licenciado en medicina e cirurxía. Especialista en oftalmoloxía
A Técnico superior en xestión 1 Licenciado en ciencias económicas e empresariais
B Asistente social 1 Diploma universitario de traballo social
B Graduado social 1 Diploma universitario de graduado social. Título de secretariado informático
Títulos académicos oficiais: código segundo a táboa 2 anexa.
Titulación Código
Licenciado en medicina, especialista en oftalmoloxía 01 Licenciado en ciencias económicas e empresariais 02 Diploma universitario de traballo social 03 Diploma universitario de graduado social 04
II. Baremo.
Nota media do título esixido por categoría: puntuarase só por un concepto.
Cadro de nº: escriba o número de cursos de cada categoría realizados ou número de titulacións posuídas.
Titulación complementaria á esixida: puntúe só por un concepto.
III. Planificación da convocatoria.
1. Publicación no Diario Oficial de Galicia da convocatoria.
2. Prazo de vinte días naturais a partir da publicación no DOG para a presentación da solicitude.
3. Valoración dos méritos acreditados polos aspirantes.
4. Publicación das listas provisionais de admitidos e entrevista persoal.
5. Prazo de reclamacións: 3 días.
6. Publicación de listas definitivas de admitidos por orde de puntuación e adxudicación dos postos de traballo.
En caso de calquera dúbida ou consulta que poida xurdir mentres cobre a solicitude ou durante o seu prazo de presentación, chame de 10 a 12 ó teléfono 981 54 00 46.

