Den acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/ 1990, do 6 de setembro (DOG de 24) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación, conforme establecen os artigos 12.h e 18.3º.1.a do Decreto 70/97, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), esta Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolveu:
Concederlle-la acreditación e a súa inscrición no rexistro de laboratorios de ensaios para o control de calidade da construcción a Cenilesa Estudios Técnicos y Control, S.L. con domicilio no polígono das Areeiras, s/n, 27297 Lugo, na área de:
HC, área de control de formigón en masa, de cemento, de granulados e de auga, co número 15059HC99.
SV, suelos, granulados, mesturas bituminosas e os seus materiais constituíntes en vías co número 15060SV99.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 12 de maio de 1999.
P.D. (Resolución 6-4-1995)
José Antonio Redondo López
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda
e Solo

