Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Martes, 25 de maio de 1999 Páx. 6.284

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 28 de abril de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución de subrogación na vivenda, con expediente C-421, conta 73, a Pura Concepción Pablo Doldán.

De conformidade co disposto no artigo 1.17º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a José López Graña, a resolución de subrogación do 30 de decembro de 1998 na vivenda sita na Coruña, Grupo Mª Pita, Ronda de Outeiro, 427-1º Esqda. (Expte: C-421, conta: 73) en cumprimento da sentencia de divorcio do Xulgado de Primeira Instancia número tres da Coruña, do 19 de febreiro de 1987, en relación coa dictada por este o 9 de xullo de 1993.

Contra a presente resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada no prazo dun mes contados desde o día seguinte a esta notificación ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 28 de abril de 1999.

Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña