A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlles publicidade á adxudicación dos seguintes contratos:
1. Entidade adxudicataria.
a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, 15405-Ferrol.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións, Unidade de Contratación. Teléfono 981 33 45 14. Fax 981 33 40 84.
2. Obxecto da contratación.
a) Tipo de contrato.
CP 305/1998: arrendamento.
CP 1 e 2/1999: subministracións.
b) Descrición do obxecto.
CP 305/1998: arrendamento dunha lavacentrífuga con destino á lavandería.
CP 1/1999: adquisición de reactivos para a identificación e sensibilidade bacteriana e arrendamento do sistema automatizado, con destino ó Laboratorio de Microbioloxía.
CP 2/1999: adquisición de reactivos de coagulación e arrendamento de autoanalizadores, con destino ó Laboratorio de Hematoloxía.
c) Lotes: nun único lote.
d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 10, do 18 de xaneiro de 1999.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: anticipada.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
CP 305/1998: 9.120.960 ptas. (54.818,07 euros).
CP 1/1999: 10.103.722 ptas. (60.724,59 euros).
CP 2/1999: 19.250.000 ptas. (115.694,83 euros).
5. Adxudicación.
a) Data:
CP 305/1998: 24 de febreiro de 1999.
CP 1 e 2/1999: 26 de marzo de 1999.
b) Contratistas e importe adxudicado:
CP 305/1998: CaixaRenting, S.A.
Importe adxudicado: 8.256.237 ptas. (49.620,98 euros).
CP 1/1999: Dade Behring, S.A.
Importe adxudicado: 9.885.000 ptas. (59.410,05 euros).
CP 2/1999: Izasa, S.A.
Importe adxudicado: 15.643.574 ptas. (94.019,77 euros).
Ferrol, 22 de abril de 1999.
Pedro Molina Coll
Director xerente do Complexo Hospitalario
Arquitecto Marcide-Profesor
Novoa Santos de Ferrol

