De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do recurso ordinario do expediente 15-050/1996, por infracción en materia de defensa do consumidor.
Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte día ó da notificación desta resolución. En todo caso non se poderá
interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.
Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela; no seguinte prazo:
a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.
b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.
Expediente: 15-050/1996.
Inculpado: Mipersa, S.L.
Enderezo. San Luis nº 6-baixo 15007 A Coruña.
Sanción e motivos: 50.000 ptas. (cincuenta mil ptas.) por irregularidades na prestación dun servicio.
Data da resolución: 8-2-1999.
A Coruña, 28 de abril de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña

