De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente 15-814/98, por infracción en materia de defensa do consumidor.
Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo (praza de Europa nº 10 A-2º, Edif. Área Central-As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela) no prazo dun mes a partir do seguinte día ó da notificación; tamén poderá interpoñer calquera outro que coide pertinente ó seu dereito. Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela; noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:
a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.
b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.
Expediente: 15-814/1998.
Inculpado: Vasimoto, S.C.
Enderezo. Salvador de Merino nº 1-B A Coruña.
Sanción e motivos: 100.000 ptas. deficiente prestación dun servicio e cobramento ilícito.
Data da resolución: 4-3-1999.
A Coruña, 26 de abril de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña

