Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Martes, 25 de maio de 1999 Páx. 6.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (8/1999).

A Alcaldía Presidencia, con data do 10 de maio de 1999, resolveu:

«1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes no lugar de Palavea, presentado por Urbanizadora Herculina, S.L.

2. Ordena-la publicación deste na forma legalmente prevista».

O que se fai público para xeral coñecemento co fin de que á vista do expediente poidan formularse as alegacións que se consideren oportunas durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de maio de 1999.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda