Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Martes, 25 de maio de 1999 Páx. 6.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO da contratación, por concurso con procedemento aberto, da subministración de adquisición de maquinaria para obras.

Adxudicadora: Concello da Estrada.

Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

Obxecto do contrato: a compra da seguinte maquinaria: a) Dúmper autocargable de chasis ríxido. b) Tractor equipado con motor de 110cv. c) Rozadora de brazo para obras públicas.

Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

Tipo de licitación: 12.286.720 ptas. IVE incluído.

Garantía provisional: 245.734 ptas. Garantía definitiva: 491.468 ptas.

Obtención de documentación: Secretaría Xeral. Información: chamando ó Concello da Estrada, Telf.986 57 01 65, extensión 15.

Presentación de ofertas: nos trece días naturais seguintes á publicación deste anuncio no DOG, na oficina de plicas da Secretaría Xeral de 9 a 14 horas. Presentación de ofertas: en dous sobres, no sobre 1 presentarase a documentación que se establece no prego de condicións; sobre 2 a oferta económica adaptada ó modelo.

Apertura, en acto público, ás 13 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación de plicas, de ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte. Os pregos íntegros remitiranse por fax ós que o soliciten publicados no BOP do 29-4-1999.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Estrada, 4 de maio de 1999.

O alcalde

Rubricado