Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Martes, 25 de maio de 1999 Páx. 6.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión do 26 de marzo de 1999, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do SAU nº 1 Pedra do Pan no lugar de Eirín, promovido por Ramón López Camiña, e redactado polo enxeñeiro de camiños Marcial de la Fuente Prieto, con data de visado do 17-12-1998, xunto coa documentación complementaria visada o 18-1-1999.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Caldas de Reis, 14 de abril de 1999.

José Mª Tobío Barreira

Alcalde