Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data de 30 de abril de 1999, o plan especial de reforma interior da U.A.-20, sométese a información pública, por un período dun mes, para efectos de reclamacións, contando desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, de conformidade co estipulado polo artigo 42 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.
Cangas, 4 de maio de 1999.
Euloxio López Gutiérrez
Alcalde

