No BOP de Lugo nº 80, do 10 de abril de 1999, aparecen publicadas as bases que rexerán a oposición para cubrir en propiedade, mediante oposición libre, dúas prazas de auxiliares administrativos da Administración xeral, vacantes no cadro de persoal desta corporación.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do seguinte á publicación do presente extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os dereitos de exame fíxanse en 5.000 ptas.
As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello de Chantada (praza de Galicia nº 1, 27500 Chantada, Lugo) ou da forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Os sucesivos anuncios en relación con esta convocatoria serán publicados no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios deste concello.
Chantada, 21 de abril de 1999.
Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
Alcalde
José Antonio Fente Ledo
Secretario

