A Corporación Municipal, en sesión plenaria celebrada o día 3-5-1999, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle de agregación de parcelas e definición de volumetría e estética na Ronda da Muralla nº 125 e 126, solicitado por Manuel Rodríguez Fernández, en representación de Ronda, C.B.
Faise público para os efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, en consonancia co 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.
Lugo, 6 de maio de 1999.
Eva Martín Minguela
Vicesecretaria
Visto e prace
P.D. (Decreto alcaldía 60/1995)
Ramón Jaime Arias Roca
Tenente alcalde delegado de Área

