A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria do 12-4-1999, adoptou o seguinte acordo:
Tomar coñecemento da proposta de reparcelación voluntaria formulada polo presidente da Xunta de Compensación do polígono B-4 Fonte Santa e outros propietarios afectados pola aprobación do estudio de detalle aprobado o 29-4-1998 coa finalidade de reaxustar determinacións e delimitación do Plan Parcial do Polígono B-4 de Fonte Santa, estando formalizado o proxecto de reparcelación, coa expresa aceptación dos afectados, en escritura pública autorizada polo notario desta dita cidade Eduardo Méndez Apenela co número 5283 do seu protocolo do 26-9-1998 e escritura complementaria desta, igualmente autorizada polo devandito notario baixo o número 752 do seu protocolo do 16-2-1999, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.
Durante o prazo de vinte días, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na unidade de fomento do concello (rúa Dona Teresa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.
Pontevedra, 23 de abril de 1999.
Juan Luis Pedrosa Fernández
Alcalde
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral

