O Concello de Quiroga intentou a práctica de notificación por carta certificada con xustificante de recepción que se expresa a continuación, sen que fose posible a práctica daquela:
Misturas Asfálticas Galegas-Cardenal Quiroga, 15-3ª planta-oficina 29-Ourense. Liquidación do imposto de construccións, instalaccións e obras de ampliación e reforma do instituto de educación secundaria de Quiroga.
En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, publícase edicto no Diario Oficial de Galicia para efectos de ingreso na tesourería do concello no prazo dun mes, contado a partir da publicación do presente edicto. Transcorrido o prazo, pasarase á vía de constrinximento co 20% de recargo e demais gastos derivados da execución forzosa.
Quiroga, 10 de maio de 1999.
O alcalde
Rubricado

