Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Mércores, 26 de maio de 1999 Páx. 6.350

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de maio de 1999 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria de Muxía (A Coruña).

Polo Decreto 269/1998 , do 24 de setembro (Diario Oficial de Galicia do 6 de outubro), créase o instituto de educación secundaria de Muxía. Pola Orde do 17 de decembro de 1998 (Diario Oficial de Galicia do 22-1-1999), autorízase a súa posta en funcionamento co código 15027927.

Tendo en conta o artigo 31, punto 11 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (Diario Oficial de Galicia nº 156 do 9 de agosto), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO:

Provincia: A Coruña.

Concello: Muxía.

Localidade: Muxía.

Código do centro: 15027927.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria de Muxía.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Ramón Caamaño.