Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. Travesía Meicende, 22.
Situación: Arteixo.
Descricións técnicas: ramal L.M.T.S. a 15/20 kV de 40 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm Al que parte da L.M.T.S. ó C.T. Santa María de Pastoriza pasando polo C.T. de 400 kVA que se vai construír en travesía de Meicende 22. Concello de Artiexo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime petinente o seu dereito.
A Coruña, 22 de abril de 1999.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial en funcións da Coruña