Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 189/1998).

Vista a solicitude para a autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así coma aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Figueiras-Lapela (Coirós).

Características técnicas: liña eléctrica aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,598 km, con orixe na L.M.T. a C.T. Lesa (expediente 27396) e final no C.T. proxectado Figueiras-Lapela, cunha potencia de 50 kVA 15.000/380-220 V tipo intemperie e unha rede de baixa tensión de 0,080 km de lonxitude, con orixe no C.T. Figueiras-Lapela, con conductor

tipo R.Z. e apoios de formigón no termo municipal de Coirós.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 16-7-1998 e no BOP do 15-7-1998, no xornal La Voz de Galicia do día 20-7-1998 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Coirós ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Por esta delegación provincial comprobouse que a liña ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións recollidas no artigo 57.a da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28-11-1997) e no artigo 25 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro (BOE do 24-10-1966).

Así mesmo, comprobouse que as alegacións efectuadas polos interesados en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non darse as condicións previstas no artigo 57.b da devandita lei e artigo 26 do mencionado decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro do sector eléctrico, os decretos 2617/1966, e 2619/1966, do 20 de outubro sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, e aprobar o proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a utilidade pública destas que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que crea pertinente o seu dereito.

A Coruña, 23 de abril de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4181