Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da resolución do procedemento sancionador de epizootias OU-T-155/98.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín o procedemento sancionador, que tamén se indica, por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358 do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976 do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21 de xuño), posto que intentada a notificación non se puido practicar.

O importe da sanción será ingresado en calquera entidade bancaria, na conta Tesouro Facenda Galega, recadación de multas e sancións, Sanidade Agropecuaria nº 44/030/03919/6 da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo, 32003 (Ourense).

De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

Non obstante o manifestado no parágrafo anterior, contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, segundo establece o artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, citada.

Transcorrido o prazo indicado sen formula-lo pertinente recurso, a presente resolución será firme para tódolos efectos.

Ourense, 13 de abril de 1999.

José Manuel Baltar Blanco

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-T-155/98.

Interesado: Fidel Ares Míguez.

DNI: 34.947.121.R.

Último enderezo coñecido: rúa Río Mao, nº 30, 2º B Ourense.

Feito denunciado: non te-lo vehículo utilizado para transporte de gando inscrito no rexistro correspondente.

Tipificación da infracción: artigo 5.2º da Orde do 4 de abril de 1997 (Diario Oficial de Galicia do 17), e artigo 52 do Regulamento de epizootias, en relación co artigo 224 deste.

Sanción: dez mil (10.000) pesetas.