Vista a solicitude para a autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así coma aprobación do proxecto de execución que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Vigo (Miño).
Características técnicas: liña eléctrica aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,533 km, con orixe na L.M.T. C.T. de Pousadoira e final no C.T. proxectado de Vigo, cunha potencia de 50 kVA 20.000/380-220 V tipo intemperie, e unha liña de baixa tensión de 0,11 km, de lonxitude, con orixe no C.T. de Vigo, conductor tipo R.Z. e apoios de formigón. Liña de media tensión aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0.260 km, con orixe na L.M.T. ó C.T. de Retriz e final no C.T. proxectado de Cachufeira, cunha potencia de 50 kVA 20.000/380-220 V tipo intemperie, e unha liña de baixa tensión de 0,065 km, de lonxitude, con orixe no C.T. de Cachufeira e conductor tipo R.Z. no térmo municipal de Miño.
A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 16-7-1998 e no BOP do 1-7-1998, no xornal El Ideal Gallego do día 16-7-1998 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Miño ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.
Por esta delegación provincial comprobouse que a liña ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións recollidas no artigo 57.a da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28-11-1997) e no artigo 25 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro (BOE do 24-10-1966).
Así mesmo, e á vista da documentación que consta no expediente, despréndese que as alegacións efectuadas polos interesados respecto dos predios en canto a modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non darse as condicións previstas no artigo 57.b da devandita lei e no artigo 26 de mencionado decreto.
Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966, e 2619/1966, do 20 de outubro sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar, e aprobar o proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a utilidade pública destas que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que crea pertinente o seu dereito.
A Coruña, 26 de abril de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña