Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores C-42 e 49/1998 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución, dictada no expediente que por infracción á Lei 4/1997 do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Para efectos previstos no Art. 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da

publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5º planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 27 de abril de 1999.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente: C-42/98.

Denunciado: Eduardo Sanmartín Álvarez.

Enderezo: Avda. Atlántida, 98-4º Vigo.

DNI: 35.859.086.

Feitos denunciados: adestrar 1 can de caza en época de veda e carecendo do permiso, ás 19 horas do día 10-9-1998, lugar couto PO-10.014 Castro-Chandebrito, concello de Nigrán.

Data do acordo da incoación: 20-11-1998.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 23-3-1999.

Precepto infrinxido: 57.11º, e 57.35º, en relación co Art. 34.9º, da Lei 4/97, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61, da Lei 4/97, de caza de Galicia.

Sanción: 10.000 ptas.

Expediente: C-49/98.

Denunciado: Isidro Fariña García.

Enderezo: Leandro del Río Carnota, 5-1º E Pontevedra.

DNI: 35.300.198.

Feitos denunciados: estar nun posto nunha batida ó xabarín con munición non autorizada (dobre cero). Esta foi supervisada e comprobada polos axentes na arma, atopándose eles presentes, ás 11.15, horas

do día 20-9-1998, lugar couto PO-10.101, concello de Caldas de Reis.

Data do acordo da incoación: 10-11-1998.

Alegacións a incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 15-3-1999.

Precepto infrinxido: 57.23, da Lei 4/97, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61, da Lei 4/97, de caza de Galicia.

Sanción: 10.000 ptas.