Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se abre un período de proba do expediente sancionador C-88/1998 (caza-Pontevedra).

Recibido escrito de alegacións con data do 17 de decembro de 1998, presentado por César Bargiela Bargiela, contra o acordo de incoación do expediente sancionador de caza 88/1998, pola presente ábrese un período de proba de dez días co obxecto de que acredite o exposto nas súas alegacións, presentando factura do arranxo da escopeta, especificando os datos desta e tipo de avaría.

Pontevedra, 27 de abril de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra