De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28 de marzo), por non ser posible a súa notificación.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.
De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno.
Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente para a resolución do procedemento.
O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).
A Coruña, 30 de abril de 1999.
Rogelio Aramburu Núñez
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Regulamento CEN
DNI
Último enderezo coñecido
proposta
Tipificación
Expediente Denunciado
Feitos denunciados Artigo Cualificación Sanción
12.354.809
Perp. Beiramar, 36, J-3º A
A Coruña
98/047 Fernández Sánchez, José L
Circular e estacionar en zona prohibida 38.13º Leve 15.000 ptas.