Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador P-70/98 e dous máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que

no anexo se mencionan, a proposta de resolución por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Para os efectos previstos no Art. 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente

Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5º planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 30 de abril de 1999.

P.A.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente: P-70/98.

Denunciado: Eladio Novoa Martínez, enderezo: Re. E. Novoa Mármol, 286 Lanues Oeste-Buenos Aires-Argentina.

DNI:

Feitos denunciados: pescar con sedelas dormentes sendo observado desde escasos metros montando anzois cebados nun cordel que logo ataba ó tronco dunha árbore, observando despois como introducía os anzois na auga, sendo 12 anzois os que pendían de cada cordel; portando ademais nunha bolsa varias madeixas de cordel e noutra 8 paquetes que contiñan cada un 12 anzois armados co seu correspondente cebo. Feitos denunciados ás 16.50 horas do día 27 de marzo de 1998 no río Tea, lugar de Prado, concello de Ponteareas.

Data do acordo da incoación: 23-6-1998.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 15-3-1999.

Precepto infrinxido: 35.5º da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 35 da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 500.001 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca durante 1 ano e 1 día.

Expediente: P-192/98.

Denunciado: José María Lino Antelo Gómez, enderezo: Vista Alegre, 86 B-Santiago de Compostela.

DNI: 33.041.460.

Feitos denunciados: pescar con cebo non autorizado en río salmoneiro miñoca. Cando foi sorprendido tiña a cana na man e o cebo dentro da auga. Feitos denunciados ás 13 horas do día 23 de xullo de 1998 no río Ulla, no lugar de Imo do concello de Dodro.

Data do acordo da incoación: 10-11-1998.

Alegacións a incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 6-4-1999.

Precepto infrinxido: 33.9º da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia en relación coa Orde do 14-1-1998 pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a temporada de 1998.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 15.000 ptas.

Expediente: P-198/98.

Denunciado: Antonio Maro Mallón, enderezo: Castiñeiriño-Xenxo do Monte-Santiago de Compostela.

DNI: 33.201.485.

Feitos denunciados: pescar nun tramo vedado estando ben sinalizado. No intre de ser localizado encontrábase coa cana na man e o cebo dentro da auga. Feitos acontecidos ás 18.43 horas do día 9 de agosto de 1998, no río Ulla, no vedado de Ponte Vea, do concello da Estrada.

Data do acordo da incoación: 11-11-1998.

Alegacións a incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 6-4-1999.

Precepto infrinxido: 33.9º da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia, en relación coa Orde do 14-1-1998 pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a temporada de 1998.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 20.000 ptas.