Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 31 de maio de 1999 Páx. 6.615

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se fai pública a adxudicación do concurso correspondente ó expediente C.P. 14/1998, para este complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio), publica a resolución de adxudicación do concurso público nº 14/1998:

1. Obxecto: subministración sucesiva de gases medicinais e do arrendamento e mantemento dos depósitos e elementos precisos para o C.H. Xeral-Cíes.

Empresa adxudicataria: Tecnocontrol, S.A.

Nº lote: 5.

Orzamento máximo autorizado: 44.676.000 ptas.

Empresa adxudicataria: S.E. de Carburos Metálicos.

Nº lote: 1, 2, 3, 4, 6, 7, 8, 9 e 10.

Orzamento máximo autorizado: 183.600.000 ptas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei de contratos das administracións públicas.

Vigo, 4 de marzo de 1999.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo