Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 31 de maio de 1999 Páx. 6.615

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1999, da Dirección Provincial de Ourense, pola que se anuncia concurso público P.A. 1/1999 para a contratación de servicios de almacén, custodia e destrucción de receitas oficiais.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de Ourense, en virtude das atribucións que ten delegadas, de acordo co establecido no artigo 7 i)

da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da autorización do director xeral de Recursos Económicos do 5 de xuño de 1998, convoca o seguinte concurso público para a contratación do servicio de almacén, custodia e destrucción de receitas oficiais do Servicio Galego de Saúde.

1. Obxecto: almacén, custodia e destrucción de receitas oficiais do Servicio Galego de Saúde.

2. Tramitación, procedemento, e forma de adxudicación

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

3. Prazo de execución: desde a notificación ó adxudicatario ata o 31 de decembro de 1999.

4. Orzamento máximo de licitación: dous millóns setecentas mil pesetas anuais (2.700.000 ptas.), IVE incluído.

5. Garantías.

-Provisional: 2% do orzamento de licitación (54.000 ptas.).

-Definitiva: 4% do orzamento de licitación (108.000 ptas.).

6. Nome e enderezo do servicio ó que se pode solicita-la documentación: Servicio Galego de Saúde, Dirección Provincial de Ourense, rúa Juan XXIII, nº 27 2ª planta (secretaría provincial) Teléfono: 988 38 55 92. Fax 988 38 55 60.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite: o prazo de admisión rematará ás 14 horas do décimo terceiro día seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que se debe presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lingua ou linguas nas que se deben redactar: castelán ou galego.

d) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado, e no prazo sinalado, presentaranse as ofertas no rexistro da mencionada Dirección Provincial do Sergas en Ourense, ou por correo. Neste último caso deberase anunciar ó organo de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificarase a data da imposición do envío na oficina de correos.

e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Data, hora e lugar da dita apertura: a partir das 10 horas do oitavo día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas, no enderezo indicado no punto 6.

9. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ve-la folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Variantes: non se admiten.

11. Información complementaria: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución en prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Ourense, 5 de maio de 1999.

Rosendo L. Fernández Fernández

Director provincial de Ourense