Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 31 de maio de 1999 Páx. 6.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adquisición de historias clínicas de atención primaria (S-281/99).

I. Obxecto e orzamento: adquisición de historias clínicas de atención primaria, por un importe máximo de dezanove millóns seiscentas trinta e oito mil oitocentas pesetas (19.638.800 ptas., IVE incluído).

-118.031,57 euros.

II. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no número 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

III. Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no número 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

IV. Prazo de execución: ver apartado 3.3 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

VI. Garantías: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

VII. Admisión de variantes: non se admiten.

VIII. Criterios de adxudicación: ver anexo IV ó prego de cláusulas administrativas particulares.

IX. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por

correo na forma indicada no punto 9.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no edificio administrativo San Caetano (ático ala norte), a partir das 9.30 horas do terceiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día habil.

XI. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XII. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos