1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependecia que tramita o expediente: Sección de Contratación. b) Número de expediente: O99/25.
2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de recolla de augas pluviais na rúa Epígrafe (transversal da avenida dos Caídos).
Prazo de execución: dous meses.
3. Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma de adxudicación: poxa.
4. Orzamento base de licitación: 7.731.323 ptas. (IVE incluído).
5. Garantía provisional: 154.626 ptas.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: véxase punto 1. b) Domicilio: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Clasificación: non esixible.
8. Presentación de proposicións:
a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:
a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Proposición económica e Documentación administrativa) e o seguinte lema: Proposición que presenta ... para optar á poxa para a execución das obras comprendidas no proxecto de recolla de augas pluviais na rúa Epígrafe (transversal da avenida dos Caídos) (Ref. O99/25).
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 13 de maio de 1999.
O alcalde
P.D.
Rubricado

