Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 31 de maio de 1999 Páx. 6.617

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1999 pola que se anuncia poxa para a execución das obras comprendidas no proxecto de instalación semafórica na confluencia das rúas Zalaeta e Hospital (Ref. O99/24).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependecia que tramita o expediente: Sección de Contratación. b) Número de expediente: O99/24.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de instalación semafórica na confluencia das rúas Zalaeta e Hospital.

Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 11.174.955 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 223.499 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Domicilio: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: non esixible.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Proposición económica e Documentación administrativa) e o seguinte lema: Proposición que presenta ... para optar á poxa para a execución das obras comprendidas no proxecto de instalación semafórica na confluencia das rúas Zalaeta e Hospital (Ref. O99/24).

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 13 de maio de 1999.

O alcalde

P.D.

Rubricado