O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión celebrada o doce de xuño de mil novecentos noventa e seis, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Mormoural, dunha superficie aproximada en conxunto, de 59 ha, pertencente ós veciños de Nocedo de Ribeira, do concello dos Blancos (Ourense), coas características que a seguir se relacionan nomeándose instructores do expediente a Abel Carvajales Santaeufemia e Manuel Bouzas Costa. Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro (DOG nº 186, do 23-9-1992) polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Concello: Os Blancos.
Denominación: monte Mormoural.
Comunidade propietaria: veciños de Nocedo de Ribeira.
Superficie: 59 ha aproximadamente.
Estremas:
Norte: Benito Feijoó, Camilo Lorenzo, Claudina Santos, José Castro, e outros propietarios.
Sur: termo municipal de Baltar.
Leste: José Moure, José Parada, José López, e outros propietarios.
Oeste: Isidro López, Emilio Cantarilla, Benito Cuquejo, e outros propietarios.
Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.
Ourense, 31 de marzo de 1999.
Miriam López Areal
Secretaria do xurado
Vº e prace
Agustín Prado Verdeal
Presidente do xurado

