O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en
sesión celebrada o 18 de marzo de 1997, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común do monte integrado polas parcelas denominadas Boca Aberta, Forcelos, Gándara Vella, e San Benito e As Grades, pertencente ós veciños da Parada (parroquia de San Lourenzo), do concello de Barbadás (Ourense), nomeándose instructores do expediente a José Ramón Goyanes Flores e Miriam López Areal en virtude do punto terceiro da orde do día da reunión do trinta de setembro de mil novecentos noventa e oito. Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro (DOG nº 186, do 23-9-1992) polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Concello: Barbadás.
Denominación: monte integrado polas parcelas denominadas Boca Aberta, Fornelos, Gándara Vella, e San Benito e As Grades.
Comunidade propietaria: veciños da Parada, parroquia de San Lourenzo.
Superficie: 14 ha, aproximadamente, en conxunto.
Parcela denominada Boca Aberta:
Superficie: 3 ha, aproximadamente.
Estremas:
Norte: Luis Menéndez Álvarez e camiño veciñal.
Sur: camiño veciñal.
Leste: camiño veciñal.
Oeste: Santiago Cid Iglesias, Manuel Castro Iglesias e Manuel López.
Parcela denominada Forcelos:
Superficie: 2 ha, aproximadamente.
Extremas:
Norte: Manuel Menéndez Álvarez, Ramona Menéndez Álvarez e Olimpia Iglesias.
Sur: Julia del Río e Eloy Cid.
Leste: Joaquín del Río Padrón e camiño veciñal.
Oeste: Isauro del Río Padrón.
Parcela denominada Gándara Vella:
Superficie: 6 ha, aproximadamente.
Estremas:
Norte: Emilio del Río, Alejandro Cruz del Río, Dolores Padrón Lamas, Emilio Padrón, Simón Padrón.
Sur: Manuel Fernández Gallego e camiño veciñal.
Leste: Eulalia Padrón.
Oeste: Eliseo Álvarez, Inés Gallego Cruz.
Parcela denominado San Benito e As Grades:
Superficie: 3 ha, aproximadamente.
Estremas:
Norte: Antonio Padrón Lamas, Eladio Gallego, Evaristo Padrón Gallego, Ramón Cruz Gago.
Sur: Evaristo Padrón Gallego, Camilo Gil e camiño veciñal.
Leste: camiño veciñal, e destros da igrexa.
Oeste: camiño vello, Jesusa Cruz del Río, Clemente Blanco, Felisa Cruz Fernández.
Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.
Ourense, 31 de marzo de 1999.
Miriam López Areal
Secretaria do xurado
Vº e prace
Agustín Prado Verdeal
Presidente do xurado

