De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, e Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento da lei anterior.
Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo dun mes (30 días hábiles), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Medio Ambiente, da Xunta de Galicia, de non se-lo caso, esta será firme para tódolos efectos.
Ourense, 9 de maio de 1999.
Agustín Prado Verdeal
Delegación provincial de Ourense
ANEXO
Expediente: OU 06/99-AN.
Denunciado: Antonio Manuel dos Santos Valente.
DNI: X-1945532-P.
Derradeiro enderezo coñecido: Igrexa de Ribela, 7, Coles (Ourense).
Feito probado: maltrato e abandono de animal, co resultado do seu sacrificio.
Precepto infrinxido e sancionador: artigo 25.1º punto a) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais salvaxes en catividade; e concordantes do Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o Regulamento da lei anterior.
Sanción: 1.500.000 pesetas.

