O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.
Con data do 23 de marzo de 1999, o presidente do organismo autónomo Augas de Galicia aprobou definitivamente o proxecto de construcción para a explotación como aproveitamento hidroeléctrico do encoro de Caldas de Reis, no río Umia.
O Consello da Xunta de Galicia, en virtude do Decreto 129/1999, do 23 de abril, acordou declara-la utilidade pública das mencionadas obras e a urxente ocupación dos bens afectados por estas, para os efectos do establecido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.
Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este departamento, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do concello de Caldas de Reis, e que máis abaixo se detallan (segundo os casos), para que comparezan nos lugares, datas e horas que se indican, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos dimanantes da urxente ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.
Termo municipa: Caldas de Reis.
Situación: estrada N-640.
Tramo: Caldas de Reis-Cuntis.
Lugar: Santo André de César-oficina obra do encoro.
Horas: de 9.30 a 14 horas.
Data 14 de xuño de 1999, predios nº 1a, 1b, 2a, 2b, 5, 7, 9, 11, 13, 16, 19, 20, 22, 25, 27, 28, 34, 35, 38, 40, 41, 42.
Data 15 de xuño de 1999, predios nº 43, 44, 45, 46, 47, 54, 57, 62, 63, 64, 66, 68, 69, 70, 71, 73, 74, 75, 77, 78, 79, 80.
Data 16 de xuño de 1999, predios nº 82, 83, 84a, 84b, 85, 93, 95, 96, 97, 98, 100, 101, 140, 153, M-1.
Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, presentando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o derradeiro recibo da contribución, podendo facerse acompañar, pola súa conta, e se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.
Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución ou ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia, Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendaren posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.
Santiago de Compostela, 26 de maio de 1999.
Antonio López Blanco
Xefe do Departamento de Xestión do Dominio
Público Hidráulico

