O Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria celebrada o 14-5-1999, en relación co Plan Xeral de Ordenación Municipal acordou, entre outros asuntos, o seguinte:
Someter a un novo período de información pública dun mes, mediante anuncio que se publicará no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, o PXOM resultante da tramitación posterior á apro
bación inicial (na que se inclúe a fase de exposición pública, a presentación de alegacións e o estudio destas pola Comisión de Seguimento), remitido polo equipo redactor, recibido no concello os días 18-3-1999 e 20-4-1999 e dilixenciado polo secretario do concello, así como a páxina 217, rexistrada de entrada o 6-5-1999.
Así mesmo acordouse que a información se presentará na Biblioteca Pública Municipal Vidal Pazos en horario de 8 a 14.30 horas e de 17 a 20 horas.
O que se fai público para xeral coñecemento facéndose constar que se poderán presenta-las alegacións oportunas durante o prazo citado dun mes que comezará a contar desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Marín, 25 de maio de 1999.
Augusto Casal Sánchez
Alcalde-presidente

