Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 02 de xuño de 1999 Páx. 6.840

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MURAS

ANUNCIO de licitación para a adquisición dunha rozadora.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Muras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición dunha rozadora.

b) Prazo de entrega: trinta días naturais a partir da data de adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adquisición.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 2.800.000 ptas (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 56.000 ptas.

Definitiva: 112.000 ptas.

6. Obtención de documentos e información.

a) Entidade: Concello de Muras.

b) Enderezo: praza do Concello, 4.

c) Localidade e código postal: 27836 Muras.

d) Teléfono e fax: 982 50 00 01 e 982 50 00 63.

e) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día do remate de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas.

a) Prazo: das 9.30 ás 13.30 horas, durante 26 días naturais contados a partir da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a prevista no prego de condicións técnico-administrativas.

c) Lugar de presentación: Concello de Muras (rexistro xeral).

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Muras (salón de sesións).

b) Data: terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de plicas, non coincidente con sábado; en tal caso faríase o primeiro día hábil seguinte.

c) Hora: trece horas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos derivados da contratación e formalización do contrato, incluíndose anuncios de licitación e taxas, así como o pagamento de tributos estatais, locais e autonómicos derivados do contrato.

Tendo en conta que conforme o disposto no artigo 122 do Real decreto lei 781/1986, do 18 de abril, se encontra sometido á información pública o prego de condicións técnico-administrativas que rexerá esta contratación, por este anuncio faise saber que, de se presentaren reclamacións contra os citados documentos dentro do prazo sinalado, a licitación quedará aprazada ata a súa resolución.

Neste caso publicarase un novo anuncio no BOP de Lugo, con indicación da data límite de presentación das ofertas.

Muras, 29 de abril de 1999.

Issam Alnagm Azzam

Alcalde-presidente