Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 02 de xuño de 1999 Páx. 6.840

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola alcaldía, o 24 de maio de 1999, o proxecto de urbanización de O Salete, que incide no plan parcial da mesma zona, tramitado por instancia de Construcciones Clelia, S.L., de Lugo, sométese a información pública polo prazo dun mes a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá examinarse na secretaría municipal nas horas de oficina, e formulárense, se é o caso, as alegacións que se estimen procedentes, dirixidas por escrito ó alcalde, de acordo co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Outeiro de Rei, 25 de maio de 1999.

José Pardo Lombao

Alcalde